O histórico grupo Fuxan os Ventos retornará aos escenarios no auditorio de Lugo que leva o seu nome

Ofrecerá dous concertos os días 5 e 8 xuño, coa colaboración de Faia Díaz e De Ninghures, e as entradas poránse á venda este venres por un prezo de dez euros

Fuxan os ventos
00:00
Ramudo

Fuxan os Ventos ofrecerá dous concertos en xuño e as entradas estarán a venda dende este vernes, a un prezo de dez euros

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Concello de Lugo presentou esta mañá, no Auditorio Fuxan os Ventos, os concertos especiais que a histórica formación galega do mesmo nome ofrecerá os días 5 de xuño, ás 20:30 horas, e o 8 de xuño, ás 20:00 horas, nun espazo que leva o nome do grupo e "simboliza a fonda pegada cultural do grupo na cidade". Contará coa colaboración no escenario de dous destacados nomes da nova escena galega: Faia Díaz e De Ninghures.

No acto de presentación deses dous concertos participaron o tenente alcalde, Rubén Arroxo; a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e membros de Fuxan os Ventos, que manifestaron "a súa emoción" por volver aos escenarios e, ademais, no auditorio que leva o seu nome.

"É un orgullo para nós anunciar estes concertos aquí, no auditorio que leva o nome dun grupo que forma parte da alma cultural de Lugo e de Galicia. Fuxan os Ventos non é só música, é identidade, memoria e resistencia cultural", destacou Rubén Arroxo.

Pola súa banda, Maite Ferreiro sinalou que "dende a área de Cultura seguimos a traballar para que Lugo sexa referente da música galega. Estes concertos non só celebran unha traxectoria, senón tamén o relevo xeracional, coas voces de Faia e De Ninghures enriquecendo o escenario".

un grupo emblemático da música galega

Sesión fotográfica de Fuxan os Ventos realizada no ano 1986

Agustín de Castro

Sesión fotográfica de Fuxan os Ventos realizada no ano 1986

Fuxan os Ventos, grupo fundado en 1972, foi unha das referencias máis importantes da música tradicional galega, cunha proposta que combinou compromiso social, recuperación do patrimonio oral e unha sonoridade que marcou época. 

Os concertos anunciados, para os que as entradas se poderán mercar online ou na Oficina de Turismo de Lugo dende este venres 9 de maio ás 16:00 horas a un prezo de dez euros, ofrecerán un repertorio coas súas cancións máis emblemáticas, ademais dalgunha sorpresa e colaboracións especiais.

"Volver a Lugo, á casa, e cantar neste auditorio é un soño. Queremos compartir co público todo o que esta música nos deu durante máis de cinco décadas", comentou un dos membros históricos da banda.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 6 MAY 2025 | BOLETÍN

OSZAR »